9/7/08

A inspección de traballo de Pontevedra sanciona ó Bingo Castelo Real de Vigo

Segun consta en acta emitida o 26 de Xuño de 2008, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra constata, ante denuncia presentada pola CIG, o incumprimento do disposto no artigo 19 do vixente Convenio Colectivo de Bingo de Galicia , por permanecer aberto os días 24 e 31 de Decembro do 2.007, do "BINGO CASTELO REAL" ( sito na Avda da Florida 66, Vigo ) da empresa BELLA RIA S.A.

Dende a CIG queremos a animar a tódolos traballadores do sector a comunicarnos todas aquelas infraccións que se poidan cometer. Contaredes có noso apoio.

No hay comentarios: