30/11/07

Asemblea en Compostela

Con casi a totalidade da plantilla celebrouse asemblea informativa en Compostela. Novamente o persoal voltou a apoiar as medidas tomadas e animar a que "a cousa non se deteña".
A opinión unanime é que unha vez aqui, non vale a pena parar se non se acadan os obxectivos desexados.
Os traballadores apoiaron a necesidade de acadar a nocturnidade e a antiguedade nas nosas nóminas como obxectivo primordial.

26/11/07

Asemblea en Pontevedra

E que decirvos?. Pois que en Pontevedra ¡¡ máis do mesmo ¡¡ . Numerosa asistencia, os mesmos problemas, o mesmo malestar e as mesmas reivindicacións.
O persoal volta a manifestar o seu desexo de que, dunha vez por todas, se tomen medidas que acaden unhas condicións laborais e económicas axeitadas. Apoia o desexo da nocturnidade, quere un ambiente de traballo sen rescos para a súa saude, . . . todo o que xa temos falado.
O apoio á mesa de negociación foi unanime e a vontade de colaborar coas medidas que se acorden total.
Agardamos rematar as asembleas en Santiago o vindeiro mercores. Será entón cando se deba decidir que medidas se toman, xa que o acordo dos traballadores parece total.
Pédímosche que sigas atent@ ás novas da páxina e transmitas ós compañeiros a súa dirección. Dende aquí tentaremos manterte informado de todo o que aconteza coa maior prontitude.

23/11/07

Pedímos a túa colaboración

Co fin de elaborar unha base de datos agradecémosvos nos facilitedes a seguinte información da vosa sala:

- Nome da sala e localidade
- Número de traballadores
- Prazas da zona de fumadores ( agradecemos exactitude neste apartado )

Como facérnola chegar:

- En calquera das seccións "comentario" desta paxina
- Por corrreo electrónico a
paginabingo@yahoo.es

Grazas pola túa colaboración

22/11/07

Asemblea en Vigo

Nova asemblea. Novamente numerosa asistencia e, desgraciadamente, novamente as mesmas queixas.
Descontento entre os traballadores. Irregularidades que seguen aparecendo nos centros de traballo, e unha palabra que empeza cada vez a coller máis forza "FOLGA".
Os traballadores, dunha vez por todas, parece que estamos dispostos a enfrentarnos unidos á patronal.
A xente quere a toma de medidas ¡ XA ¡.
Ainda que sabemos que teremos que soportar presións e amenazas tamén sabemos que estamos dispostos a superalas.
Os compañeiros de Vigo amosaron o seu desexo de que a reivindicación se espalle por toda Galicia e diron o seu respaldo á mesa de negociación.
Si acudiches á asemblea pedimosche que fagas de voceiro. Dille a un compañeiro que por descoñecemento ou medo non acudeu o que oiches e viches. Fálalle desta páxina e dille que non estará só, contará cos seus compañeiros e cos Sindicatos ( que tamén están dispostos a pelexar xuntos connosco ).
Perdamo-lo medo .
¡¡ Somos moitos e todos xuntos faremos moita forza ¡¡

21/11/07

Asemblea en Ourense

Cunha participación superior ao 90 por cento dos traballadores celebrouse asemblea en Ourense. Nela puidemos comprobar novamente como o descontento dos mesmos coa súa situación laboral e económica é grande, e común coa manifestada polos traballadores nas asembleas celebradas con anterioridade noutras localidades.
Trasladáronnos o seu apoio nas xestións realizadas ata o momento e a súa disposición a colaborar activamente en todas aquelas medidas que se decidan adoptar ante a negativa da patronal a negociar.
Desde aquí transmitirlles novamente o noso agradecemento pola súa masiva asistencia e indicarlles que esperamos non defraudalos nas súas pretensións.

Algo se move


Cando os compañeiros que acoden ás salas de bingo, coa única intención de distribuír unhas follas invitando aos traballadores a participar nunha asemblea, son expulsados das mesmas, e ás veces de forma nin correcta nin educada ( todos nos entendedes ) , por parte da patronal ou por aqueles empregados que creen así facer méritos ante os ollos desta, algo está pasando.

¿ Son nervios porque non contaban con que o sector se movera ? . ¿ Quizais temen que o que unha vez catalogou un empresario do sector nunha mesa de negociación como “ o seu rabaño” esta vez estea disposto a moverse “todos a un tempo” e provoquen unha estampida?. Non o sabemos. Pero o que si comprobamos é o carácter “tremendamente democrático” destes empresarios. Non valerá de nada tratar de cortarlle a cabeza ao mensaxeiro, afortunadamente hoxe en día todo o mundo chega a todo o mundo e o ditador fixo onte 32 anos que faleceu.

Tamén imaxinamos que estes traballadores tan “colaboradores” coa patronal e tan contrarios aos intereses dos seus propios compañeiros renunciarán a todos aqueles beneficios que se poidan obter, pois parecen moi contentos coa súa situación actual. Só lles pedímos que respecten o dereito dos demais a esixir mellorar a súa.

19/11/07

Asemblea en Lugo

Celebrouse asemblea da mesa de negociación en Lugo. Acudiron un número de compañeiros considerable, tendo en conta a cantidade de persoal do sector na cidade.
Informóuselles de como transcorreran as negociacións e pediuse a súa opinión sobre as medidas a adoptar.
Estamos comprobando como o descontento laboral é grande e como os compañeiros están dispostos, dunha vez por todas, a loitar todos xuntos para conseguir un convenio colectivo xusto.
Agardamos que as asembleas programadas para esta semana ( Ourense o mércores e Vigo o xoves ) conten cunha porcentaxe de participación elevado.
Queremos oír e falar con todos os traballadores, deles dependen as melloras que podamos conseguir.
¡ Agardámosvos ¡

16/11/07

Modificación de data en Vigo

Modifícase a data de celebración de asemblea en Vigo, quedando convocada para o día 22 ás 12:00 no Auditorio do Concello de Vigo

14/11/07

Asemblea na Coruña

Cunha numerosa asistencia, celebrouse a primeira asemblea da mesa de negociación do convenio do bingo co persoal das salas.
Expuxéronse as negociacións realizadas e os motivos do cese das conversacións.
Foron apoiadas polos traballadores, que manifestaron a súa disposición a colaborar coas medidas que se adopten pola mesa.
O vindeiro venres celebrarase a seguinte asemblea en Ferrol.
Esperamos que novamente os compañeiros acudan e participen na mesma.
Seguiremos informando.

7/11/07

COMUNICADO DA MESA DE NEGOCIACIÓN

COMUNICADO DA MESA NEGOCIADORA DO CONVÉNIO DE BINGOS

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS BINGOS DE GALICIA

O pasado mércores 31 de outubro tivo lugar a última xuntanza da Comisión Negociadora do Convénio Colectivo Galego de Bingos. A negociación comezara no mes de setembro, e en todas as xuntanzas anteriores a parte social e a parte empresarial estivemos avanzando e negociando diferentes temas relacionados con aspectos sociais do Convénio Colectivo, no cal se acadaron algúns avances.

Sen embargo, na última xuntanza, a Patronal modificou aspectos xa aprobados en anteriores xuntanzas, e por exemplo retirou da Mesa o acordo acadado a respeito de que os traballadores do sector poidamos cear nas empresas durante o noso turno de traballo. Igualmente, rexeitou de plano as nosas peticións económicas, e pechou a negociación indicando que non estaban dispostos a aceptar nengún incremento que supuxera máis do que o IPC máis un punto para cada un dos tres anos de vixéncia do Convénio.

Esta proposta de incremento salarial é maís que insuficiente para os traballadores, delegados de persoal, que estamos asistindo á Mesa de Negociación. Entendemos con claridade que con esta suba non imos mellorar nada substancialmente do que son actualmente as nosas condicións de traballo, e entendemos que a Mesa de Negociación está bloqueada e nos obriga a ter que tomar medidas de presión para acadar un Convénio Xusto e Digno.

É hora de que falen os traballadores do sector, e que entre todos decidamos que camiño queremos seguir. Se queremos un bó Convénio ou seguir como até agora. Por este motivo, e desde a Mesa de Negociación do Convénio, convocamos Asembleas de Traballadores do Sector para analizar a situación e decidir entre todos as medidas a tomar.
¡Acude e participa !.

Asembleas :

- A Coruña : Mércores 14 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Avda. Alfonso Molina

- Ferrol : Venres 16 novembro. 12:00 horas, Locais da UGT. FERROL

- Lugo : Luns 19 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Ronda Muralla 58

- Ourense : Mércores 21 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Parque San Lázaro 12

- Vigo : Xoves 22 novembro. 12:00 horas. Auditorio do Concello de Vigo

- Pontevedra : Luns 26 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Pasanteria 1

- Compostela : Mércores 28 novembro. 12:00 horas. Locais da CIG-Santiago (San Lazaro)