21/11/07

Algo se move


Cando os compañeiros que acoden ás salas de bingo, coa única intención de distribuír unhas follas invitando aos traballadores a participar nunha asemblea, son expulsados das mesmas, e ás veces de forma nin correcta nin educada ( todos nos entendedes ) , por parte da patronal ou por aqueles empregados que creen así facer méritos ante os ollos desta, algo está pasando.

¿ Son nervios porque non contaban con que o sector se movera ? . ¿ Quizais temen que o que unha vez catalogou un empresario do sector nunha mesa de negociación como “ o seu rabaño” esta vez estea disposto a moverse “todos a un tempo” e provoquen unha estampida?. Non o sabemos. Pero o que si comprobamos é o carácter “tremendamente democrático” destes empresarios. Non valerá de nada tratar de cortarlle a cabeza ao mensaxeiro, afortunadamente hoxe en día todo o mundo chega a todo o mundo e o ditador fixo onte 32 anos que faleceu.

Tamén imaxinamos que estes traballadores tan “colaboradores” coa patronal e tan contrarios aos intereses dos seus propios compañeiros renunciarán a todos aqueles beneficios que se poidan obter, pois parecen moi contentos coa súa situación actual. Só lles pedímos que respecten o dereito dos demais a esixir mellorar a súa.

No hay comentarios: