21/3/08

XA SE PUBLICOU O NOVO CONVENIO

O pasado 14 de Marzo, no DOG número 53, foi publicado o novo convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo.
En breve este públicación merecerá novos comentarios sobre aspectos "impresionantes" que conten.
Vaian, a modo de exemplo : a desaparición no mesmo da figura do xefe de sala nas taboas salariais , as incorrectas elaboracións das mesmas para xefe de mesa, vendedores ....
¡ En fin ¡ , todo un éxito.
Pero ... xa falaremos con calma do tema que tempo teremos
Agora dalle unha ollada.
Telo no enlace de á beira

5/3/08

Permisos para votar o día 9

MODIFICACION DA INFORMACIÓN

Permiso para votar o día 9



Os cidadáns que queiran exercer o dereito de voto e o día 9 de Marzo teñan que traballar, concederáselles un permiso retribuido e de carácter non recuperable, de como máximo catro horas dentro da xornada laboral.
No caso dos traballadores que aquel día teñan que traballar, e teñan unha xornada reducida, o permiso reducirase proporcionalmente.
Non se concederá o mencionado permiso aos traballadores que realicen unha xornada que coincida parcialmente co horario de apertura dos colexios electorais si a coincidencia é inferior a duas horas.
Si é de dúas ou máis e menos de catro, hai que conceder un permiso de dúas horas.
Si coincide en máis de catro horas e menos de seis, hai que conceder o permiso xeral de tres horas.
Os traballadores que coincida en seis ou máis horas, gozarán dun permiso de catro horas
Tense que reducir proporcionalmente a duración do permiso mencionado aos traballadores que o día das eleccións teñan unha xornada inferior á habitual, de xeito legal ou convida. Os traballadores que teñan unha xornada laboral, cuxo horario non coincida nin total nin parcialmente coa dos colexios electorais, non teñen dereito a ningún permiso.
O empresario é quen ten que determinar en que momento dispoñerase das horas concedidas para votar, que ten que coincidir co horario establecido polo colexio electoral.
Para abonar o salario do tempo que se dedicou a votar, os empresarios teñen dereito a solicitar aos traballadores un xustificante que acredite que votaron, a expededir pola mesa electoral correspondente.