21/3/08

XA SE PUBLICOU O NOVO CONVENIO

O pasado 14 de Marzo, no DOG número 53, foi publicado o novo convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo.
En breve este públicación merecerá novos comentarios sobre aspectos "impresionantes" que conten.
Vaian, a modo de exemplo : a desaparición no mesmo da figura do xefe de sala nas taboas salariais , as incorrectas elaboracións das mesmas para xefe de mesa, vendedores ....
¡ En fin ¡ , todo un éxito.
Pero ... xa falaremos con calma do tema que tempo teremos
Agora dalle unha ollada.
Telo no enlace de á beira

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Asi que deberían pagarnos los atrasos el 29 de marzo ¿no es asi?.

Anónimo dijo...

hola queria preguntar a alguien si sabe si los quince dias d permiso no retribuidos es obligatorio q esten unidos a permisos retribuidos como muerte nacimiento ..etc...y si de alguna manera si no se pueden pedir esos 15 dias no retribuidos tenemos derecho a dias por tener una oposicion..gracias

Anónimo dijo...

Sentimos moito a tardanza na resposta á tua pregunta. Pasámola ós nosos "asesores" e en breve terás resposta. De tódolos xeitos estas preguntas é mellor facelas por correo a paginabingo@yahoo.es . Asegurámola confidencialidade e poderemos respostar persoalmente.

Anónimo dijo...

A resposta é que si, tal e como está redactado no Convénio é necesário que eses quince dias, que se poden fraccionar en periodos mínimos de catro dias, estean vinculados a algún permiso retribuido dos establecidos neste artigo.

Por outra banda se preguntass se existe algún tipo de permiso para preparar unha oposición. Neste caso, existen duas variantes. A primeira é o direito do traballador a acudir a un exame ou proba de carácter oficial (é dicir, convocada por unha administración), polo cal o traballador ten direito a asistir a exames, pero non a tempo libre para a sua preparación.

A segunda variante é a posibilidade do traballador a acollerse ao que se denomina un Permiso Individual de Formación, que ven sendo unha bolsa de 200 horas anuais xestionada através do FORCEM (Formación Contínua, hai oficinas nas principais cidades galegas), orientada para realizar estudos (FP, Carreiras universitárias, etc.), que se solicita ao comezo de cada curso, e contan como horas retribuidas. Non temos claro se a dia de hoxe se poden solicitar para preparar unha oposición, o mellor seria preguntar directamente nunha oficina do FORCEM