21/12/07

COMUNICADO DE PRENSA

Hoxe, día 21, convocáronse roldas de prensa en Coruña, Santiago e Vigo. Nelas transmiteuse á opinión pública a situación laboral dos traballadores do sector. De como se habián desenvolto as negociacións e cales eran as posturas de ambas partes, empresarios e traballadores.
Informouse tamén que, de non contar cunha oferta seria e que recolla as aspiracións dos traballadores por parte da patronal, nas vindeiras datas procederase a convocar unha folga nas salas de bingo de Galicia.
Sabemos que podemos contar co teu apoio. Vai transmitindo a nova ós teus compañeiros, xa que moi pronto haberá noticias neste aspecto.

12/12/07

REUNION DO 12 DE DECEMBRO

Atendendo á convocatoria dos empresarios, acudimos á reunión en Santiago o día 12 ás 16:30 horas.
Nela a patronal realizounos a súa última proposta:
- Ademais dos acordos sociais alcanzados con anterioridade, a inclusión en nómina de 12 euros/mes en concepto de plus de vestiario, desentendéndose así as empresas de mercarnos zapatos, medias, etc....
- Incremento do IPC máis 2 puntos para o ano 2007, de 1,5 para o 2008 e de 1 para 2009.
- Tema da nocturnidade "nin mencionalo"
A contraproposta dos delegados, atendendo ao que consideramos as vosas esixencias foi de IPC máis 2 para 2007, máis 2 para 2008 e máis 2 para 2009
-Inclusión da nocturnidade en nómina .
Ante a súa negativa a aceptar calquera tipo de mellora con respecto á súa oferta inicial douse por rematada a reunión
Unánimente os delegados acordaron :
- Convocar nos próximos dias unha roda de prensa na que se informará á opinión publica da situación do sector e dos traballadores do mesmo.
- Elaborar un plan de movilizacions e medidas a tomar ante esta negativa.
Consideramos que nos limitamos a transmitir na mesa de negociación as vosas esixencias nas asembleas. Agora tócanos a todos demostrar que realmente estamos unidos e dispostos a conseguir os nosos obxectivos.
Imos pedir a vosa colaboración nas medidas a empregar. Como os beneficios a obter son para todos, non dubidamos que contaremos con ela, e que, tal como nos manifestachedes, estades dispostos a participar nas mesmas.
Transmite esta información aos teus compañeiros e segue prestandonos a túa atención. En breve haberá máis noticias.

10/12/07

Convócannos os empresarios do sector

Hoxe, día 10, fomos convocados polos empresarios a unha reunión a celebrar en Santiago, o día 12 ás 4.15 da tarde.
Como, desde a convocatoria da mesa de negociación do convenio, sempre nos mostramos dispostos ao dialogo e á obtención de acordos, acudiremos á mesma dispostos a escoitar o que nos queiran dicir.
No entanto, non esqueceremos nin as vosas suxerencias, nin as vosas queixas, nin as ganas que tendes de que, dunha vez por todas, obteñamos un convenio laboral digno para o sector.
Sabemos que temos a responsabilidade de non defraudarvos, e non queremos facelo
Agora, ademáis, sabemos que contamos co voso apoio e que estades dispostos a pelexar por logralo.

4/12/07

Non penses que paramos ....

E por eso, por que non imos parar, o vindeiro mércores, día 12, ás 12 da mañan, teremos unha reunión en Santiago tódolos Delegados de persoal de tódalas las salas de Galicia. Non queremos limitar as reunións á mesa de negociación. Queremos ter a máxima reprensatividade e escoirtarvos a todos.
Xa o fixemos nunha primeira ronda nas asembleas. Agora queremos, xa que xuntarnos todos de momento sería complicado, que os delegados nos aporten todo o que nos queirades facer chegar. Por medio deles podedes facer oir a vosa voz, asi que non dubidedes en transmitirlle as vosas inquedanzas para que nolas fagan chegar.
Agradecemos a vosa atención para con esta páxina e animámosvos a seguir facendoo, por medio dela teredes noticias de nos e das nosas propostas.
Un saudo.