22/11/07

Asemblea en Vigo

Nova asemblea. Novamente numerosa asistencia e, desgraciadamente, novamente as mesmas queixas.
Descontento entre os traballadores. Irregularidades que seguen aparecendo nos centros de traballo, e unha palabra que empeza cada vez a coller máis forza "FOLGA".
Os traballadores, dunha vez por todas, parece que estamos dispostos a enfrentarnos unidos á patronal.
A xente quere a toma de medidas ¡ XA ¡.
Ainda que sabemos que teremos que soportar presións e amenazas tamén sabemos que estamos dispostos a superalas.
Os compañeiros de Vigo amosaron o seu desexo de que a reivindicación se espalle por toda Galicia e diron o seu respaldo á mesa de negociación.
Si acudiches á asemblea pedimosche que fagas de voceiro. Dille a un compañeiro que por descoñecemento ou medo non acudeu o que oiches e viches. Fálalle desta páxina e dille que non estará só, contará cos seus compañeiros e cos Sindicatos ( que tamén están dispostos a pelexar xuntos connosco ).
Perdamo-lo medo .
¡¡ Somos moitos e todos xuntos faremos moita forza ¡¡

8 comentarios:

Anónimo dijo...

vigo ten que ser a que mande nesta negociacion si temos que ir a folga iremos ahora nadie nos parara

Anónimo dijo...

E o momento de facernos valer! A union fai a forza! Por todos os compañeiros que loitaron por ter un traballo e unha nomina digna... é o noso turno.Non deixemos co seu traballo se estrague. RESPETO é a crave.

Anónimo dijo...

Antes de que borredes este comentario ou censuredes, so pedir CIG veracidade nas informacións e non verdades a medias nas asambleias e que nos digan a todos cal e o prezo dos seus membros para gardar silencio e non estar nin presentes na mesa de negociación¿sera que tamen os representantes da CIG teñen un prezo o e que todos buscan o mesmo para depois esquezerse de todos nos?

Anónimo dijo...

Con respeto ó comentario anterior só puntualizar :
1.- Nesta páxina non se censura
2.- Os representantes da CIG asistiron TODOS a TODALAS reunións da mesa de negociación e ata dagora asistiron sempre coma mínimo dous representantes a tódalas asembleas celebradas cos traballadores
3.- Imaxino que o teu comentario será para dividir, sintoo, pouco futuro. De feito as asembleas estanse a celebrar coa voz dos traballadores e non dos sindicatos.
O que se esta a tentar acadar e para TODOLOS traballadores

Anónimo dijo...

Yo soy un trabajador y estoy muy contento de que por fin alguien se mueva por este sector,lo que consigamos lo vamos a conseguir para nosotros y el que quiera que se una y el que no por lo menos que no intente dividirnos pues no lo va a conseguir.
La CIG,al menos con la publicación de esta WEB a tenido un acierto total y los felicito.
Sigamos adelante y no perdamos la oportunidad de mejorar nuestra situación. Un saludo

Anónimo dijo...

para el .... k hizo el comentario de k la cig no participa etc, primero te tienes k informar antes de decir algo de lo k se ve k no tienes ni ....idea y luego dejar k los k estamos tratando de llebar esto a buen puerto hagan su labor..
pero no importa todos sabemos de k parte esta el k hizo el comentario.
desde luego no de los trabajadores..animo y adelante

Anónimo dijo...

decir k sabemos k los empresarios seguro conocen esta pagina de hay k aparezcan algunos comentarios para meter cizaña pero esto esta superado adelante....

Anónimo dijo...

Ahora que estamos todos juntos es el momento de conseguir algo importante. Creo que la nocturnidad es innegociable. No tenemos miedo de ir a una huelga