7/11/07

COMUNICADO DA MESA DE NEGOCIACIÓN

COMUNICADO DA MESA NEGOCIADORA DO CONVÉNIO DE BINGOS

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS BINGOS DE GALICIA

O pasado mércores 31 de outubro tivo lugar a última xuntanza da Comisión Negociadora do Convénio Colectivo Galego de Bingos. A negociación comezara no mes de setembro, e en todas as xuntanzas anteriores a parte social e a parte empresarial estivemos avanzando e negociando diferentes temas relacionados con aspectos sociais do Convénio Colectivo, no cal se acadaron algúns avances.

Sen embargo, na última xuntanza, a Patronal modificou aspectos xa aprobados en anteriores xuntanzas, e por exemplo retirou da Mesa o acordo acadado a respeito de que os traballadores do sector poidamos cear nas empresas durante o noso turno de traballo. Igualmente, rexeitou de plano as nosas peticións económicas, e pechou a negociación indicando que non estaban dispostos a aceptar nengún incremento que supuxera máis do que o IPC máis un punto para cada un dos tres anos de vixéncia do Convénio.

Esta proposta de incremento salarial é maís que insuficiente para os traballadores, delegados de persoal, que estamos asistindo á Mesa de Negociación. Entendemos con claridade que con esta suba non imos mellorar nada substancialmente do que son actualmente as nosas condicións de traballo, e entendemos que a Mesa de Negociación está bloqueada e nos obriga a ter que tomar medidas de presión para acadar un Convénio Xusto e Digno.

É hora de que falen os traballadores do sector, e que entre todos decidamos que camiño queremos seguir. Se queremos un bó Convénio ou seguir como até agora. Por este motivo, e desde a Mesa de Negociación do Convénio, convocamos Asembleas de Traballadores do Sector para analizar a situación e decidir entre todos as medidas a tomar.
¡Acude e participa !.

Asembleas :

- A Coruña : Mércores 14 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Avda. Alfonso Molina

- Ferrol : Venres 16 novembro. 12:00 horas, Locais da UGT. FERROL

- Lugo : Luns 19 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Ronda Muralla 58

- Ourense : Mércores 21 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Parque San Lázaro 12

- Vigo : Xoves 22 novembro. 12:00 horas. Auditorio do Concello de Vigo

- Pontevedra : Luns 26 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Pasanteria 1

- Compostela : Mércores 28 novembro. 12:00 horas. Locais da CIG-Santiago (San Lazaro)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

hola solo decir q hay q hacer algo..me imagino q ire a la reunion..os imaginais una huelga?? y sino podemos retrasar las partidas y en lugar de hacer 10 a la hora hacer 5 a la hora...?ahora no les sobra gente para trabajar en los bingos como antes...

Anónimo dijo...

lo qué está claro es que nos podemos quedar con los brazos cruzados ,juntos somos muy fuertes ,a si que si no entran por el aro .
!TODOS A LA HUELGA !