24/7/08

Sanción por "infracción grave en materia laboral" contra o Bingo Santa Clara.

Segun consta en acta emitida o 16 de Xullo de 2008, a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra constata, ante denuncia presentada pola CIG, o incumprimento do disposto no artigo 19 do vixente Convenio Colectivo de Bingo de Galicia , por permanecer aberto os días 24 e 31 de Decembro do 2.007, á Empresa "JUEGOS BALORA S.A." ( Sala de Bingo na Rúa Santa Clara nº 21 en Pontevedra ) .
Según consta na acta "A apertura de salas de bingo nas datas sinaladas, coa conseguinte prestación de servizos por parte dos traballadores, supón un incumplimento do disposto no artigo 19 do convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo en Galicia", e extende a corresponde acta por infracción grave en materia laboral.
Dende a CIG queremos seguer animando a tódolos traballadores do sector a comunicarnos todas aquelas infraccións que se poidan cometer. Contaredes có noso apoio.

No hay comentarios: