28/1/08

COMUNICADO DA CIG



A TODOS OS/AS TRABALLADORES/AS DOS BINGOS DE GALIZA
ASINADO O NOVO CONVÉNIO DE BINGOS

O pasado 24 de xaneiro, o sindicato UGT e a patronal dos Bingos de Galiza asinaron na sede do Consello Galego de Relacións Laborais o novo convénio do sector para os anos 2007, 2008 e 2009. Este acordo, como xa sabedes, chega precedido dun preacordo realizado o pasado 10 de xaneiro, no cal xa se marcaban os aspectos fundamentais que o novo convénio contempla.

Antes de valorar o que en sí aporta este Convénio, compre facer unha reflexión sobre o que foi todo o proceso negociador. Como xa sabedes, e por primeira vez na história deste Convénio, houbo plena unidade de acción sindical, elaboramos unha Plataforma Sindical Unitária, fomos capaces de que se contara coa opinión dos traballadores do sector, realizamos asembleas en todas as comarcas, etc. Entre todos, marcamonos uns obxectivos ambiciosos, e nos chegamos a plantear con seriedade a posibilidade de mobilizarnos e convocar folga para acadar un bó Convénio.

Chegamos, incluso, a convocar unha rolda de prensa e publicar a nosa intención de mobilizar ao sector, rachando as negociacións coa Patronal. Cando todo estaba previsto, atopámonos con que os “asesores” da UGT se marcharon de “vacacións”, anulando así a posibilidade de iniciar as mobilizacións no Nadal, cunha convocatória de paro para o dia de Reis, coa incidéncia que isto poderia ter ao ser unha data importante para as empresas. O regreso das “vacacións” da UGT coincide coa convocatória dunha nova xuntanza de negociación para o 10 de xaneiro, sen dar tempo a que teñamos unha xuntanza da parte sindical para concretar as medidas de protesta. E para o noso asombro, o dia de 10 de xaneiro, a UGT se desmarca completamente de todo o falado e acordado, e en solitário, e facendo uso da maioria que ten actualmente no sector, asina o Convénio exactamente igual á última proposta da Patronal que foi rexeitada por todos, coa única diferéncia dun 0,5% máis de incremento para cada un dos anos de vixéncia do Convénio.

Non podemos entender como é posíbel facer algo así. Non podemos entender que a UGT faga as asembleas cun discurso totalmente diferente, que rompamos as negociacións coa Patronal, que convoquemos unha rolda de prensa, que anunciemos a folga, e que quince dias despois, e sen facer nada, se asine un Convénio coa única diferéncia dun 0,5% máis por ano. Acaso iamos ir á folga por un 0,5%?. Por tan só 5 euros ao mes?. Por qué non se consultou esta decisión cos traballadores do sector?. A sensación que nos queda é sinceiramente que se nos estivo tomando o pelo. Para este convénio, era totalmente innecesário facer o que fixemos. Foi un auténtico engano.

Comprobado o texto final do convénio, observamos ademais que non se respetou para nada o acordado na Plataforma. O plus de preséncia evita que as empresas teñan que dar calzado, cousa que antes si tiñan que facer. Limitaron as ceas a tan só duas por semana, cousa que en ningún momento se falou na Mesa de Negociación. Unha auténtica estafa. Un fraude. Isto foi do que se esqueceron :
-Non se define cando se poden usar as empresas de traballo temporal
-Asínase á baixa a porcentaxe mínima de contratos indefinidos nas plantillas de persoal ( o actual supera ó asinado )
-Non se intervén contra o uso da máquina que canta as bólas
-Non se reduce a xornada laboral anual
-Renúnciase á obligatoriedade de libranza dun número de fins de semana ao mes
-Renúnciase ao cobro dun plus económico por traballar en días festivos
-Renúnciase á prestación do servizo de parking naquelas salas que o ofertan aos clientes
-Renúnciase a que non se permita a movilidade funcional nin xeográfica
-Renúnciase a ampliar as licenzas retribuidas en varios supostos
-Non consideramos beneficioso o concepto de plus de calzado tal e como quedará redactado.
-Renúnciase completamente a calquera mellora en temas de saúde laboral
-Renúnciase ao que realmente supón o concepto de nocturnidade no salario e ó seu cobro real
-Renúnciase a unha subida económica de acordo ao aumento de beneficios acadado polas empresas.

E por encima de todo, renunciaron a pelexar por algo que unira a todos os traballadores do sector, a nocturnidade. Agora, diante desta situación, tan só nos queda que de cara ao seguinte Convénio, sexamos capaces de evitar que a UGT teña a maioria no sector. Quedou máis que demostrado que con este sindicato nunca imos ser capaces de acadar un bó Convénio.

Desde a CIG, queremos dar-lle as gracias a todos os traballadores do sector que honestamente participaron nas asembleas e se mobilizaron para mellorar as suas condicións de traballo, e especialmente aos delegados da CIG que participaron da Negociación, aos compañeiros do Bingo Anabinser de Compostela e do Royal Vigo. Foron eles quenes levaron o peso do traballo, foron quenes coordenaron a nosa actuación sindical, e a eles lle debemos a coherente posición da CIG.

20/1/08

A CIG NON ASINA ESTE CONVENIO

Os delegados de persoal dá CIG, membros dá Mesa de Negociación colectiva, e "non-firmantes" do acordo de revisión do convenio, desexan trasladar aos traballadores do sector , unha serie de cuestións que por calado e importancia tanto a nivel social e económico, como pola súa repercusión inmediata deben ser aclaradas e que se resumirían nos seguintes puntos.
1º.- Sempre defendemos e seguirémolo facendo, que a negociación colectiva do sector debe levarse a cabo polos delegados de persoal, con independencia do sindicato ao que pertenzan, ofrecendo estes apoio e asesoramento en todas aquelas cuestións nas que se puidesen presentar dúbidas, xa sexan legais ou doutra natureza, pero tendo sempre presente e en todos os casos que a última palabra ha de ser dos delegados.
2º.- Non entendemos como se pode defender unha serie de posturas de común acordo entre todos os delegados, chegando ata a convocar reunións cos traballadores en todas as cidades, recibir o apoio da inmensa maioría, para no último momento desmarcarse, aceptando o que antes se rexeitaba, sendo isto de maior incoherencia, sobre todo cando tiñamos unha
gran vantaxe posicional na negociación.
3º.- Non se pode mobilizar a todo un sector, en asembleas, e convocar aos medios de comunicación para, inmediatamente e sen previo aviso, irse de vacacións, deixando a todo o sector literalmente tirado en datas que quizais fosen as mellores de todo o ano para facer valer a nosa solidez e unidade ante a patronal como fixeron, ¿casualmente?, todos os representantes do sindicato UGT implicados na negociación do convenio. Aclaramos, ¡¡ os representantes do sindicato, non os delegados de persoal ¡¡
4º.- Os firmantes do convenio caen na trampa da súa propia incongruencia, ao recoñecer no acta final de preacordo (ver orixinal máis abaixo) que a revisión económica pactada axústase aos seus obxectivos, xa que si así fose, o inmediato e necesario, seria volver reunir aos traballadores para explicarlles por que antes se pedía unha cousa e agora asínase outra. ¿ Por que non se volven a convocar estas asembleas e cóntase con todos os traballadores? ¿ Por que non se lles pregunta si ese era o convenio que realmente querían ?
5º.- Desde o día en que se convoca aos medios de comunicación, ata o da última reunión da mesa, hai un prazo que chamaremos “vacacional”, no cal, temos a sospeita, todo arranxouse ás costas dos traballadores. Isto, para nós, queda confirmado polas sensacións que se nos transmiten na reunión do 10 de Xaneiro. Tivemos a sensación de que prácticamente todo estaba acordado entre patronal e firmantes.
6º.- Os delegados "non-firmantes" do acordo, desexamos aclarar que aínda admitindo que algúns dos puntos de contido social acordados achéganse aos nosos obxectivos, no económico, seguimos e seguiremos defendendo en próximas negociacións ( se nos elexides para reepresentarvos ) as mesmas posicións aínda que a oportunidade non sexa a mesma, xa que a necesidade será igual.
7º.- ¿ Si elabórase unha plataforma de convenio conxunta, que se defende conxuntamente, por que a UGT desmárcase e firma en solitario un acordo alegando que se achega “a la plataforma presentada por nuestra parte”, tal e como reflicten no acta de preacordo? Só a modo de lembranza queremos indicar aqueles puntos aos que se renuncia coa firma deste convenio,
e que foran pactados na plataforma presentada conxuntamente polos representantes dos dous sindicatos:
-Non se define cando se poden usar as empresas de traballo temporal
-Asínase á baixa a porcentaxe mínima de contratos indefinidos nas plantillas de persoal ( o actual supera ó asinado )
-Non se intervén contra o uso da máquina que canta as bólas
-Non se reduce a xornada laboral anual
-Renúnciase á obligatoriedade de libranza dun número de fins de semana ao mes
-Renúnciase ao cobro dun plus económico por traballar en días festivos
-Renúnciase á prestación do servizo de parking naquelas salas que o ofertan aos clientes
-Renúnciase a que non se permita a movilidade funcional nin xeográfica
-Renúnciase a ampliar as licenzas retribuidas en varios supostos
-Non consideramos beneficioso o concepto de plus de calzado tal e como quedará redactado.
-Renúnciase completamente a calquera mellora en temas de saúde laboral
-Renúnciase ao que realmente supón o concepto de nocturnidade no salario e ó seu cobro real
-Renúnciase a unha subida económica de acordo ao aumento de beneficios acadado polas empresas.
-Renunciase a converter o plus de transporte en cotizable.
-Renunciase a acadar un plan de pensións para o sector
¿ Un bo convenio ?. Xulga ti a próxima vez que vexas a túa nómina e examines as túas condicións de traballo

8/1/08

Convocan novamente á Negocición

Novamente os empresarios convocan a mesa de negociación do convenio para o vindeiro xoves, día 10 ás 4.30 da tarde.
Como faremos sempre que o soliciten, volveremos acudir co desexo de escoitar unha oferta que se axuste ás nosas pretensións, pero quizais deban comprender, dunha vez por todas, que esta sexa a súa última oportunidade de alcanzar un acordo e non obrigarnos a buscar outro tipo de solucións.

21/12/07

COMUNICADO DE PRENSA

Hoxe, día 21, convocáronse roldas de prensa en Coruña, Santiago e Vigo. Nelas transmiteuse á opinión pública a situación laboral dos traballadores do sector. De como se habián desenvolto as negociacións e cales eran as posturas de ambas partes, empresarios e traballadores.
Informouse tamén que, de non contar cunha oferta seria e que recolla as aspiracións dos traballadores por parte da patronal, nas vindeiras datas procederase a convocar unha folga nas salas de bingo de Galicia.
Sabemos que podemos contar co teu apoio. Vai transmitindo a nova ós teus compañeiros, xa que moi pronto haberá noticias neste aspecto.

12/12/07

REUNION DO 12 DE DECEMBRO

Atendendo á convocatoria dos empresarios, acudimos á reunión en Santiago o día 12 ás 16:30 horas.
Nela a patronal realizounos a súa última proposta:
- Ademais dos acordos sociais alcanzados con anterioridade, a inclusión en nómina de 12 euros/mes en concepto de plus de vestiario, desentendéndose así as empresas de mercarnos zapatos, medias, etc....
- Incremento do IPC máis 2 puntos para o ano 2007, de 1,5 para o 2008 e de 1 para 2009.
- Tema da nocturnidade "nin mencionalo"
A contraproposta dos delegados, atendendo ao que consideramos as vosas esixencias foi de IPC máis 2 para 2007, máis 2 para 2008 e máis 2 para 2009
-Inclusión da nocturnidade en nómina .
Ante a súa negativa a aceptar calquera tipo de mellora con respecto á súa oferta inicial douse por rematada a reunión
Unánimente os delegados acordaron :
- Convocar nos próximos dias unha roda de prensa na que se informará á opinión publica da situación do sector e dos traballadores do mesmo.
- Elaborar un plan de movilizacions e medidas a tomar ante esta negativa.
Consideramos que nos limitamos a transmitir na mesa de negociación as vosas esixencias nas asembleas. Agora tócanos a todos demostrar que realmente estamos unidos e dispostos a conseguir os nosos obxectivos.
Imos pedir a vosa colaboración nas medidas a empregar. Como os beneficios a obter son para todos, non dubidamos que contaremos con ela, e que, tal como nos manifestachedes, estades dispostos a participar nas mesmas.
Transmite esta información aos teus compañeiros e segue prestandonos a túa atención. En breve haberá máis noticias.

10/12/07

Convócannos os empresarios do sector

Hoxe, día 10, fomos convocados polos empresarios a unha reunión a celebrar en Santiago, o día 12 ás 4.15 da tarde.
Como, desde a convocatoria da mesa de negociación do convenio, sempre nos mostramos dispostos ao dialogo e á obtención de acordos, acudiremos á mesma dispostos a escoitar o que nos queiran dicir.
No entanto, non esqueceremos nin as vosas suxerencias, nin as vosas queixas, nin as ganas que tendes de que, dunha vez por todas, obteñamos un convenio laboral digno para o sector.
Sabemos que temos a responsabilidade de non defraudarvos, e non queremos facelo
Agora, ademáis, sabemos que contamos co voso apoio e que estades dispostos a pelexar por logralo.

4/12/07

Non penses que paramos ....

E por eso, por que non imos parar, o vindeiro mércores, día 12, ás 12 da mañan, teremos unha reunión en Santiago tódolos Delegados de persoal de tódalas las salas de Galicia. Non queremos limitar as reunións á mesa de negociación. Queremos ter a máxima reprensatividade e escoirtarvos a todos.
Xa o fixemos nunha primeira ronda nas asembleas. Agora queremos, xa que xuntarnos todos de momento sería complicado, que os delegados nos aporten todo o que nos queirades facer chegar. Por medio deles podedes facer oir a vosa voz, asi que non dubidedes en transmitirlle as vosas inquedanzas para que nolas fagan chegar.
Agradecemos a vosa atención para con esta páxina e animámosvos a seguir facendoo, por medio dela teredes noticias de nos e das nosas propostas.
Un saudo.

30/11/07

Asemblea en Compostela

Con casi a totalidade da plantilla celebrouse asemblea informativa en Compostela. Novamente o persoal voltou a apoiar as medidas tomadas e animar a que "a cousa non se deteña".
A opinión unanime é que unha vez aqui, non vale a pena parar se non se acadan os obxectivos desexados.
Os traballadores apoiaron a necesidade de acadar a nocturnidade e a antiguedade nas nosas nóminas como obxectivo primordial.

26/11/07

Asemblea en Pontevedra

E que decirvos?. Pois que en Pontevedra ¡¡ máis do mesmo ¡¡ . Numerosa asistencia, os mesmos problemas, o mesmo malestar e as mesmas reivindicacións.
O persoal volta a manifestar o seu desexo de que, dunha vez por todas, se tomen medidas que acaden unhas condicións laborais e económicas axeitadas. Apoia o desexo da nocturnidade, quere un ambiente de traballo sen rescos para a súa saude, . . . todo o que xa temos falado.
O apoio á mesa de negociación foi unanime e a vontade de colaborar coas medidas que se acorden total.
Agardamos rematar as asembleas en Santiago o vindeiro mercores. Será entón cando se deba decidir que medidas se toman, xa que o acordo dos traballadores parece total.
Pédímosche que sigas atent@ ás novas da páxina e transmitas ós compañeiros a súa dirección. Dende aquí tentaremos manterte informado de todo o que aconteza coa maior prontitude.

23/11/07

Pedímos a túa colaboración

Co fin de elaborar unha base de datos agradecémosvos nos facilitedes a seguinte información da vosa sala:

- Nome da sala e localidade
- Número de traballadores
- Prazas da zona de fumadores ( agradecemos exactitude neste apartado )

Como facérnola chegar:

- En calquera das seccións "comentario" desta paxina
- Por corrreo electrónico a
paginabingo@yahoo.es

Grazas pola túa colaboración

22/11/07

Asemblea en Vigo

Nova asemblea. Novamente numerosa asistencia e, desgraciadamente, novamente as mesmas queixas.
Descontento entre os traballadores. Irregularidades que seguen aparecendo nos centros de traballo, e unha palabra que empeza cada vez a coller máis forza "FOLGA".
Os traballadores, dunha vez por todas, parece que estamos dispostos a enfrentarnos unidos á patronal.
A xente quere a toma de medidas ¡ XA ¡.
Ainda que sabemos que teremos que soportar presións e amenazas tamén sabemos que estamos dispostos a superalas.
Os compañeiros de Vigo amosaron o seu desexo de que a reivindicación se espalle por toda Galicia e diron o seu respaldo á mesa de negociación.
Si acudiches á asemblea pedimosche que fagas de voceiro. Dille a un compañeiro que por descoñecemento ou medo non acudeu o que oiches e viches. Fálalle desta páxina e dille que non estará só, contará cos seus compañeiros e cos Sindicatos ( que tamén están dispostos a pelexar xuntos connosco ).
Perdamo-lo medo .
¡¡ Somos moitos e todos xuntos faremos moita forza ¡¡

21/11/07

Asemblea en Ourense

Cunha participación superior ao 90 por cento dos traballadores celebrouse asemblea en Ourense. Nela puidemos comprobar novamente como o descontento dos mesmos coa súa situación laboral e económica é grande, e común coa manifestada polos traballadores nas asembleas celebradas con anterioridade noutras localidades.
Trasladáronnos o seu apoio nas xestións realizadas ata o momento e a súa disposición a colaborar activamente en todas aquelas medidas que se decidan adoptar ante a negativa da patronal a negociar.
Desde aquí transmitirlles novamente o noso agradecemento pola súa masiva asistencia e indicarlles que esperamos non defraudalos nas súas pretensións.

Algo se move


Cando os compañeiros que acoden ás salas de bingo, coa única intención de distribuír unhas follas invitando aos traballadores a participar nunha asemblea, son expulsados das mesmas, e ás veces de forma nin correcta nin educada ( todos nos entendedes ) , por parte da patronal ou por aqueles empregados que creen así facer méritos ante os ollos desta, algo está pasando.

¿ Son nervios porque non contaban con que o sector se movera ? . ¿ Quizais temen que o que unha vez catalogou un empresario do sector nunha mesa de negociación como “ o seu rabaño” esta vez estea disposto a moverse “todos a un tempo” e provoquen unha estampida?. Non o sabemos. Pero o que si comprobamos é o carácter “tremendamente democrático” destes empresarios. Non valerá de nada tratar de cortarlle a cabeza ao mensaxeiro, afortunadamente hoxe en día todo o mundo chega a todo o mundo e o ditador fixo onte 32 anos que faleceu.

Tamén imaxinamos que estes traballadores tan “colaboradores” coa patronal e tan contrarios aos intereses dos seus propios compañeiros renunciarán a todos aqueles beneficios que se poidan obter, pois parecen moi contentos coa súa situación actual. Só lles pedímos que respecten o dereito dos demais a esixir mellorar a súa.

19/11/07

Asemblea en Lugo

Celebrouse asemblea da mesa de negociación en Lugo. Acudiron un número de compañeiros considerable, tendo en conta a cantidade de persoal do sector na cidade.
Informóuselles de como transcorreran as negociacións e pediuse a súa opinión sobre as medidas a adoptar.
Estamos comprobando como o descontento laboral é grande e como os compañeiros están dispostos, dunha vez por todas, a loitar todos xuntos para conseguir un convenio colectivo xusto.
Agardamos que as asembleas programadas para esta semana ( Ourense o mércores e Vigo o xoves ) conten cunha porcentaxe de participación elevado.
Queremos oír e falar con todos os traballadores, deles dependen as melloras que podamos conseguir.
¡ Agardámosvos ¡

16/11/07

Modificación de data en Vigo

Modifícase a data de celebración de asemblea en Vigo, quedando convocada para o día 22 ás 12:00 no Auditorio do Concello de Vigo

14/11/07

Asemblea na Coruña

Cunha numerosa asistencia, celebrouse a primeira asemblea da mesa de negociación do convenio do bingo co persoal das salas.
Expuxéronse as negociacións realizadas e os motivos do cese das conversacións.
Foron apoiadas polos traballadores, que manifestaron a súa disposición a colaborar coas medidas que se adopten pola mesa.
O vindeiro venres celebrarase a seguinte asemblea en Ferrol.
Esperamos que novamente os compañeiros acudan e participen na mesma.
Seguiremos informando.

7/11/07

COMUNICADO DA MESA DE NEGOCIACIÓN

COMUNICADO DA MESA NEGOCIADORA DO CONVÉNIO DE BINGOS

A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DOS BINGOS DE GALICIA

O pasado mércores 31 de outubro tivo lugar a última xuntanza da Comisión Negociadora do Convénio Colectivo Galego de Bingos. A negociación comezara no mes de setembro, e en todas as xuntanzas anteriores a parte social e a parte empresarial estivemos avanzando e negociando diferentes temas relacionados con aspectos sociais do Convénio Colectivo, no cal se acadaron algúns avances.

Sen embargo, na última xuntanza, a Patronal modificou aspectos xa aprobados en anteriores xuntanzas, e por exemplo retirou da Mesa o acordo acadado a respeito de que os traballadores do sector poidamos cear nas empresas durante o noso turno de traballo. Igualmente, rexeitou de plano as nosas peticións económicas, e pechou a negociación indicando que non estaban dispostos a aceptar nengún incremento que supuxera máis do que o IPC máis un punto para cada un dos tres anos de vixéncia do Convénio.

Esta proposta de incremento salarial é maís que insuficiente para os traballadores, delegados de persoal, que estamos asistindo á Mesa de Negociación. Entendemos con claridade que con esta suba non imos mellorar nada substancialmente do que son actualmente as nosas condicións de traballo, e entendemos que a Mesa de Negociación está bloqueada e nos obriga a ter que tomar medidas de presión para acadar un Convénio Xusto e Digno.

É hora de que falen os traballadores do sector, e que entre todos decidamos que camiño queremos seguir. Se queremos un bó Convénio ou seguir como até agora. Por este motivo, e desde a Mesa de Negociación do Convénio, convocamos Asembleas de Traballadores do Sector para analizar a situación e decidir entre todos as medidas a tomar.
¡Acude e participa !.

Asembleas :

- A Coruña : Mércores 14 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Avda. Alfonso Molina

- Ferrol : Venres 16 novembro. 12:00 horas, Locais da UGT. FERROL

- Lugo : Luns 19 novembro. 12:00 horas, Edif. Sindical, Ronda Muralla 58

- Ourense : Mércores 21 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Parque San Lázaro 12

- Vigo : Xoves 22 novembro. 12:00 horas. Auditorio do Concello de Vigo

- Pontevedra : Luns 26 novembro. 12:00 horas. Edif. Sindical, Pasanteria 1

- Compostela : Mércores 28 novembro. 12:00 horas. Locais da CIG-Santiago (San Lazaro)

23/10/07

Estado da negociación

A TODOS/AS OS/AS TRABALLADORES/AS DOS BINGOS DE GALIZA

Desde o pasado mes de setembro esta-se a negociar o Convénio Colectivo Galego de Bingos en Santiago de Compostela. Nesta Negociación, estamos a participar os sindicatos CIG e UGT, xa que o sindicato CCOO non quixo estar presente na Mesa de Negociación, sen que poidamos explicar os motivos xa que non foron dados. Desde un primeiro momento, a CIG e a UGT decidimos actuar conxuntamente, e así apresentamos unha Plataforma de Negociación unitária.
Das catro xuntanzas que levamos, de momento acadamos os seguintes acordos :

- Revisión salarial automática sobre IPC ao remate da vixéncia do Convénio.
- Promoción profesional na empresa con consulta á representación sindical.
- Os traballadores a tempo parcial terán preferéncia nas novas contratacións.
- Cea con cargo á empresa durante a xornada laboral nocturna.
- Aumento de 5000 euros no seguro colectivo por falecemento ou invalidez.
- 2 dias de Permiso Retribuido por divórcio.
- Acumulación da hora de lactáncia a 16 dias.
- 15 dias de licéncia non retribuida.
- Posibilidade de desfrutar o permiso por enfermidade de familiares nos 15 dias seguintes.
Como vedes, de momento avanzamos algo na parte social do Convénio, quedando pendente a parte máis importante do Convénio, a económica. Neste apartado tanto a CIG como a UGT fixemos unha proposta unitária, baseada en catro pontos fundamentais :

1º.- Establecimento dun Plus de Nocturnidade do 25% do salário base por cada hora traballada entre as 22:00 e as 06:00 horas. Dada a importáncia económica desta suba, propuxemos acadar ese 25% en vários anos, para que sexa realidade esta proposta.
2º.- Cotización do Plus de Transporte, incorporando esa cuantia no salário base.
3º.- Establecimento dun Plus por Festivo Traballado.
4º.- Establecimento dun Plus de Presencia de 30 euros mes para compensar os gastos de médias, calzado, maquillaxe.
Unha vez teñamos a resposta destes catro pontos, realizaremos a proposta de suba anual, para un Convénio a tres anos se aceptan estas propostas económicas (2007-2008-2009). Como vedes, estamos diante dunha negociación importante que pode beneficiar ao conxunto do sector, polo cal é necesário que o sector estea informado e apoie a actuación da Mesa Negociadora, e poder acadar un obxectivo histórico como é a Nocturnidade. Desde a CIG creamos unha páxina Web na cal actualizamos permanentemente as novas da negociación, e na que temos información sobre o sector. Este é o enderezo : http://www.bingogalicia.blogspot.com/
SEGUIREMOS INFORMANDO

30/9/07

- Proposta de Convenio

CONVENIO COLECTIVO DAS EMPRESAS ORGANIZADORAS DO XOGO DO BINGO

En cursiva as propostas da parte social

Artigo 1º. Ámbito territorial e funcional
Este convenio afecta á totalidade de empresas dedicadas á organización do xogo do bingo que exerzan a súa actividade, total ou parcialmente, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galiza, tanto ás actualmente en funcionamento como ás que nun futuro se constitúan.

Artigo 2º. Ámbito persoal
O presente convenio afecta a tódolos traballadores/as que prestan os seus servicios nas empresas ás que fai referencia o artigo anterior e igualmente a aqueles que con posterioridade á entrada en vigor deste convenio, ingresen nelas. O convenio establece as bases para as relacións laborais entre empresas e traballadores/as afectados polo mesmo, calquera que sexa a modalidade de contratación laboral.

Artigo 3º. Vencellamento á totalidade
As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e a efectos da súa aplicación práctica serán considerados no seu conxunto globalmente, polo que, no suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das súas facultades, non homologase algunha das súas cláusulas, quedaría sen eficacia na súa totalidade e deberíase reconsiderar todo o seu contido.

Artigo 4º.- Melloras adquiridas
As empresas afectadas por este convenio, respectarán as condicións máis beneficiosas ou vantaxosas concedidas ós seus traballadores/as, antes ou despois da súa aprobación e serán consideradas. todas elas en cómputo anual e no seu conxunto, sen prexuízo do disposto no artigo 5º.

Artigo 5º. Absorción e compensación
Tódalas condicións pactadas neste convénio non compensarán nen absorverán aquelas melloras, de calquera índole, que voluntariamente tiveran establecidas as empresas ou as que no futuro puideran establecerse de carácter legal, voluntario ou obrigatorio.


Artigo 6º. Ámbito temporal
Este convenio entrará en vigor a tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2007, con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galiza, e finalizará o 31 de decembro do ____, tendo por tanto unha vixencia de dous anos. En todo caso, a súa denuncia non significará modificación algunha do texto artellado que continuará vixente ata a súa substitución por outro novo nos termos que as partes establezan. Namentres esta situación non se produza, e unha vez rematada a vixéncia do convenio, establecese unha revisión salarial automática para os anos sucesivos equivalente ao IPC real de cada ano máis un punto.
A parte social deixa a expensas dos posibles acordos o establecer a vixencia do convenio en principio 2007 - 2008.



Artigo 7º. Características do convenio
Tódalas condicións económicas ou doutra índole pactadas neste convenio, consideradas no seu conxunto e no seu cómputo anual, teñen a consideración de mínimas.
De mutuo acordo entre as partes poderíanse asinar acordos ou pactos entre as empresas e os seus traballadores/as a traveso dos seus órganos de representación sindical, estes terán o carácter de complementarios do presente convenio.
Os conflictos que se orixinen, resolveranse polo tanto, segundo o previsto no Estatuto dos Traballadores/as para a resolución de conflictos de normas.

Artigo 8º. Réxime de contratación e fomento do emprego
As empresas afectadas polo presente convenio, cubrirán os postos de traballo dos seus cadros de persoal, conforme as normas vixentes en materia de contratación e afiliación ó réxime da Seguridade Social.
Estas empresas, terán que contar cun mínimo de persoal de carácter fixo, igual o número que segundo a categoría de cada sala e con carácter mínimo preveñan as normas administrativas do xogo do bingo da Comunidade Autónoma Galega.
Na sinatura dos contratos de traballo estarán presentes, cando menos un representante legal dos traballadores/as se os houbera, ós que se lles entregará unha copia do contrato, sen prexuízo da copia correspondente ó traballador/a.
Nas salas de nova apertura, a contratación será revisada pola comisión paritaria do convenio, debendo o empresario comunicar á citada comisión, cunha antelación mínima de oito días á data de apertura prevista, a lista de futuros traballadores/as con indicación dos postos que van a desempeñar.
Dada a actual situación de desemprego existente, a partir da entrada en vigor deste convenio, queda prohibida a contratación de persoal en réxime de pluriemprego, exceptuándose desta prohibición o traballador/a fixo de carácter descontinuo e a tempo parcial.
Os novos postos de traballo, así como as vacantes que se produzan, cubriranse en igualdade de condicións preferentemente mediante a contratación de profesionais de bingo en situación de desemprego, así como de traballadores/as que desempeñasen funcións na empresa de maneira temporal.
As empresas facultarán a formación dos seus cadros de persoal, sendo para elo propicia e aconsellable, a realización de prácticas en postos de traballo de categoría superior.
A empresa elaborará unha serie de probas de aptitude para a promoción a postos intermedios entre os traballadores/as. O proceso de selección establecerase previa consulta ós representantes dos traballadores. A cualificación e revisión das probas serán a cargo da empresa, coa colaboración da representación dos traballadores/as. Non se poderá discriminar a persoa algunha por razón de afiliación sindical ou calquera causa. En igualdade de coñecementos e aptitude, terán preferencia as persoas con maior antigüidade. A notificación das promocións a realizar no seo da empresa publicarase no taboleiro de anuncios con 15 días de antelación á súa realización.
O traballador a tempo parcial non poderá realizar horas complementárias ou extraordinarias. No caso de facelas, o contrato transformarase automáticamente en contrato fixo a tempo completo.
En caso de aumento da plantilla, a vacante a cubrir, en igual categoría ou grupo profesional, os traballadores contratados a tempo parcial, teran preferencia sobre novas contratacións a tempo completo.
As empresas afectadas por este convénio manterán, cando menos, a un 80% da plantilla con contrato indefinido
.
A comisión paritaria velará polo estricto cumprimento do previsto neste artigo.



Artigo 9º. Modalidades de contratación
Estarase ó disposto no artigo 9º do Convenio Estatal de Bingos.
Nos contratos de interinidade, e para o caso de que o traballador/a substituído non se incorporase ó seu posto de traballo, o interino, sempre que a substitución se fixera cando menos por 12 meses ininterrumpidos, pasará a ocupar o posto de traballo que tiña o traballador/a obxecto de substitución.

Artigo 10º.- Contrato de traballo
O contrato de traballo será subscrito entre a empresa e o traballador/a por escrito, con entrega a este dun exemplar dentro dos 15 días seguintes á súa incorporación, de acordo con calquera dos modelos aprobados por disposición de carácter normativo.
Farase constar en tódolos contratos o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo (Categoría A, B ou C) e categoría profesional na que se encadra o traballador/a e, en todo caso, o contido mínimo do contrato, é dicir: identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que se adscribe, o domicilio da sede social da empresa, a retribución total anual inicialmente pactada e a expresión e identificación do convenio colectivo.
Entregarase unha copia básica dos contratos que se formalicen por escrito á representación dos traballadores/as.
As empresas notificarán ós representantes legais dos traballadores/as as prórrogas de tódolos contratos de traballo así como o remate dos mesmos, con unha antelación mínima de 5 días.

Artigo 11º. Empresas de Traballo Temporal
As empresas limitarán a contratación de traballadores/as a través de empresas de traballo temporal ata un máximo do 10% do cadro de persoal de cada unha, e sempre e cando esta contratación se empregue para cubrir as inasisténcias de traballadores de plantilla derivadas de situacións de ILT, permisos, licencias, etc, e sexan por periodos inferiores a quince dias.

Artigo 12º. Categorías profesionais
Categoría A: Categoría B: Categoría C:
Xefe/a de Sala Xefe/a de Mesa Locutor/a - Vendedor/a
Caixeiro/a Admisión e Control
Servicios Auxiliares
Definicións:
Xefe/a de Sala.- Exercerá a dirección e control xeral do funcionamento da sala, adoptando as decisións relativas á marcha das distintas operacións de acordo coas normas técnicas do bingo e marcando o ritmo adecuado daquelas; coidará do correcto funcionamento de tódolos aparatos, instalacións e servicios; exercerá a xerarquía sobre todo o persoal ó servicio da sala; será o responsable de levar correctamente a contabilidade específica do xogo, así como a tenencia e custodia da propia sala, das autorizacións precisas para o seu funcionamento e da documentación relativa ó persoal. Así mesmo, o Xefe de Sala ostentará a representación da Empresa, tanto fronte ós xogadores como diante dos axentes da autoridade, a menos que dita representación se te teña atribuída a outra persoa e esta estea presente na sala.
Xefe/a de Mesa.- Será o responsable da comprobación das bolas e cartóns; levará a contabilidade dos cartóns vendidos para cada xogada ou sorteo; efectuará a determinación dos premios de liña ou bingo; comprobará os cartóns premiados, informando colectivamente de todo elo ós xogadores; será responsable e custodiará o libro de actas de rexistro e levará o control do “stock” de cartóns por partida. Contestará individualmente cantas peticións de información ou reclamacións formulen os xogadores e consignará todo elo, así como as incidencias que se produzan, na acta de cada sesión.
Caixeiro/a.- Terá no seu poder os cartóns e os entregará ordenadamente ós Vendedores, indicará ó Xefe de Mesa o número de cartóns vendidos, así como as cantidades que correspondan ós premios de liña e bingo; recadará as cantidades correspondentes a cada premio para o seu abono.
Locutor/a – Vendedor/a.- Realizará a venta directa dos cartóns e a recadación do seu importe, que entregará xunto cos cartóns sobrantes ó Caixeiro; retirará da mesa, antes de efectuar a venda dos novos cartóns, os utilizados polos xogadores na xogada anterior e repasará as series dentro da súa xornada laboral. Na súa quenda de Locutor porá en funcionamento a máquina cando se inicie a xogada, lerá en voz alta o número da bola segundo a orde de saída; apagará a máquina ó rematar o xogo e abonará ós xogadores os importes de liña e bingo. Cando realice as funcións de Locutor non realizará a función de venda de cartóns, aínda que poderá colaborar noutras funcións dentro da sala.
Admisión e Control.- Será o encargado de controlar a entrada de xogadores na sala de xogo, comprobando que o carné corresponde á persoa que o presente, e impedindo a entrada ás persoas que o tiveran prohibido, dando conta ó Xefe de Sala dos incidentes. Terá así mesmo como misión o levar do ficheiro de visitantes e a súa actualización.
Servicios Auxiliares.- Estas categorías (Administración, Aparcacoches, Porteiros, Vixiantes, Cafetería, Persoal de Limpeza, etc.) non están comprendidas entre as técnicas do Bingo, realizando as funcións propias das súas especialidades, sen que se lles poida esixir credencial de xogo ou permiso administrativo algún.
A definición de categorías que antecede ten por obxecto delimitar o contido da prestación laboral. No que se refire a asunción de responsabilidades estarase en cada momento ó que sobre o particular determina o Regulamento autonómico do xogo do bingo. Supresión
Aquelas categorías que non aparecen recollidas expresamente, será a Comisión Paritaria a encargada de encadralas nunha das categorías de remuneración.

Artigo 12º. Período de proba
Poderá concertarse por escrito un período de proba, de acordo ós límites de duración seguintes:
Xefe/a de Sala, Xefe/a de Mesa e Caixeiro/a: sesenta dias..
Locutor/a – Vendedor/a e Admisión e Control: Trinta días.
Resto de Persoal: 15 días.
So se entenderá que o traballador/a está suxeito ó período de proba se así consta por escrito.
Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñara as mesmas funcións con anterioridade na mesma empresa, baixo calquera modalidade de contratación.

Artigo 13º. Liquidacións
Á finalización do contrato de traballo a empresa estará obrigada a notificar o cese ó traballador/a, por escrito, e con 15 días de antelación á data de finalización, dos contratos de duración igual ou superior a seis meses. Non obstante, o empresario poderá substituir este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos retributivos que tivera o traballador/a.
A empresa entregará ó traballador/a a correspondente liquidación de haberes cunha antelación de 5 días á data prevista da extinción.
En caso de incumprimento, a empresa deberá abonar, en concepto de indemnización, o importe dun día de salario por cada día que transcorra entre o prazo establecido e o día que faga entrega da liquidación.
Nos finiquitos farase constar que o traballador/a non perderá o dereito a percibir as cantidades que a empresa teña que abonar en concepto de revisións, atrasos, ou calquera tipo de variación na retribución que corresponda ó tempo de prestación de servicios.
Os traballadores/as que desexen cesar voluntariamente na empresa deberán comunicalo con unha antelación de 15 días á data de cese.

Artigo 15º. Xornada laboral
A xornada laboral anual será de 1700 horas de traballo efectivo.

Artigo 16º. Xornada laboral e descansos
Durante a vixencia do presente convenio, establecese unha xornada de traballo efectivo semanal de 38 horas, no camiño de acadar a xornada semanal de 35 horas , e se disfrutará dun descanso semanal de dous días consecutivos, a non ser que a xornada semanal sexa inferior a 40 horas, en todo caso aplicarase o previsto no art. 37 do Estatuto dos Traballadores/as, podendo non obstante pactarse entre empresas e traballadores/as calquera sistema de xornada e descansos que permita a lexislación vixente de acordo coa reducción da xornada semanal ou compensación de descansos, ben sexa estes en cómputo mensual, trimestral ou anual. Neste suposto as xornadas diarias de traballo serán continuadas e nunca inferiores a 5,5 horas. As xornadas superiores a 6 horas terán un descanso de 60 minutos que se considerará como tempo efectivo de traballo, e que podrá aplicarse como tempo para a cea.
Antes do 31 de outubro de cada ano, a empresa exporá en cada centro de traballo o calendario laboral pactado do ano seguinte, que deberá recoller o horario de traballo diario, xornada, días de descanso, festivos, vacacións cómputo de horas traballadas semanalmente, individualizado por traballador/a.
O descanso semanal farase coincidir en fin de semana –sábado e domingo consecutivos– cando menos cada dúas semanas. Estes descansos terán carácter rotatorio entre o persoal.
Entre o remate dunha xornada laboral e o inicio da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas
.

Artigo 17º. Vacacións
As vacacións disfrutaranse ininterrompidamente, salvo pacto en contrario entre empresa e traballadores/as. O disfrute das vacacións da parte proporcional que corresponda realizarase dentro do ano natural de que se trate. A empresa e os representantes legais dos traballadores/as elaborarán, o máis tardar, durante o mes de decembro de cada ano o cadro de vacacións do ano seguinte, que deberá expoñerse no taboleiro de anuncios. En todo caso o cadro de vacacións deberá estar exposto con dous meses de antelación ó inicio do período vacacional. Este cadro elaborarase por unha soa vez, tendo en conta as preferencias marcadas pola lei, e posteriormente será por rotación exacta.
Durante o período de vacacións o traballador/a percibirá tódalas retribucións económicas que se establecen neste convenio.
No suposto de coincidencia, total ou parcial, do período vacacional con unha situación de I.T. derivada de calquera causa, a empresa sinalará novas datas para o desfrute do período vacacional, sempre dentro do ano natural ó que correspondan.
No suposto de coincidencia, total ou parcial, do período vacacional con unha situación de I.T. derivada de calquera causa, que requira unha hospitalización mínima de 4 días, a empresa sinalará novas datas para o desfrute do período vacacional, sempre dentro do ano natural ó que correspondan.(supresión).


Artigo 18º. Festivos aboables non recuperables
Os festivos non recuperables poñeranse de mutuo acordo entre empresas e traballadores/as.
As festas aboables e non recuperables poderán, de común acordo entre empresas e traballadores/as acumularse ás vacacións anuais, ou ser disfrutadas como descanso continuado en período distinto.
No suposto de que os festivos aboables non recuperables se disfruten de forma continuada, a empresa respectará o descanso semanal, acumulando a este o número de festas.
Ó traballador que lle corresponda prestar servizos nalgunha das 14 festas anuais aboables e non recuperables, ademáis da súa retribución ordinaria dese día, aboaráselle unha compensación económica equivalente ó 50 % do salario base e plus de convenio dese día. Tal compesación económica liquidaráse na nómina correspondente ó mes seguinte ó festivo traballado.

Novo .- Cea e comida
A empresa non cobrará as comidas ou ceas ao persoal nas dependencias da empresa.

Novo .- Parking
Aquelas empresas que oferten servizo de parking para os seus clientes, ofertarán de forma gratuita este servizo ós seus traballadores , no tempo que coincida coa súa xornada laboral, os días que lles corresponda traballar
.

Artigo 19º. Festa do Traballo. 1º de Maio
O día 1º de Maio considerase como festivo e de non actividade laboral. Non obstante, establécense os días 24 e 31 de decembro como de non actividade laboral, en substitución do día 1º de maio. En ningún caso poderá pactarse a apertura das salas os citados días mediante acordo ou compensación algunha.

Artigo 20º. Prestacións de Incapacidade Temporal
Os traballadores/as que se atopen en situación de incapacidade temporal, derivada de calquera causa, percibirán o 100% das súas remuneracións dende o primeiro día, incluídos tódolos conceptos económicos, tanto salariais como extrasalariais.

Artigo 21º.- Seguro Colectivo
As empresas afectadas polo presente convenio contarán cunha póliza de seguros que garanta ós seus traballadores/as as seguintes indemnizacións:
- por falecemento, calquera que sexa a causa: 14.400,00(20.000) euros, para 2007, e 15.600,00 (22.000) euros, para 2008
- por invalidez permanente total, absoluta ou grande invalidez: 14.400,00 (20.000) euros, para 2007, e 15.600,00 (22.000)euros, para 2008, sendo necesario para este suposto a declaración e cualificación administrativa correspondente.
Os traballadores/as terán opción de aumentar, de acordo coa compañía aseguradora, o importe da póliza de seguros, abonando o traballador/a a diferencia de custes resultante.
En caso de non ter contratada dita cobertura, será a empresa a responsable do pago das sumas antes indicadas.
As modificacións deste artigo entrarán en vigor a partir da data de publicación no DOG do presente Convenio Colectivo.


Artigo novo.- Mobilidade Funcional
Non esta permitida a mobilidade funcional entre categorías profesionais nin entre grupos da mesma categoría.

Artigo novo.- Mobilidade Xeográfica
Estará permitida a mobilidade xeográfica dentro da empresa sempre que exista consentemento expreso do traballador/a afectado.


Artigo 22º. Excedencias
Recoñecese, de acordo co establecido no Estatuto dos Traballadores/as, o dereito á excedencia voluntaria dos traballadores/as afectados polo presente Convenio, por un período mínimo de un ano e un máximo de 5, sempre que leven máis de un ano ó servicio da empresa.
O excedente non poderá traballar noutra empresa da mesma actividade. Se infrinxira esta prohibición, será causa de resolución da súa relación laboral.
En situación de excedencia dun traballador/a, xa sexa voluntaria ou forzosa, a empresa virá obrigada, a cubri-la praza da excedencia mediante contrato de interinaxe polo tempo de duración da excedencia. O traballador, con un mes de antelación á sua reincorporación deberá comunicar de maneira fehaciente á empresa a súa reincorporarción.
A reincorporación, en todo caso, será efectiva na data comunicada
.

No non contemplado neste artigo estarase ó disposto no Estatuto dos Traballadores/as, Lei de Conciliación da vida familiar e laboral e demais normativa vixente.

Artigo 23º. Licencias retribuídas
Todo traballador/a afectado polo presente convenio terá dereito a permisos retribuídos, polos días naturais que se establecen a continuación sempre que avise coa posible antelación e se xustifiquen suficientemente.
a- Por matrimonio do traballador/a: 15 días.
b- Por nacemento de fillos, adopción ou acollemento: 3 días
c- Por morte, enfermidade grave, hospitalización ou accidente de parentes ata ó 2 º grado de consanguinidade ou afinidade: 4 días, ampliable a 6 se a circunstancia acontece fora da Comunidade Autónoma Galega.
d- Por morte , enfermidade grave, hospitalización ou accidente de tios e curmáns sexa o parentesco de consanguinidade ou afinidade: 4 días ampliable a 6 se a circunstancia acontece fora da Comunidade Autónoma Galega.
e- Por matrimonio de pais, irmáns e fillos: 1 día, ampliable a 3 se o acontecemento se produce fora da Comunidade Autónoma Galega.
f- Por comunión de fillos: 1 día
g- Por bautizo de fillos: 1 día
h- Por traslado do seu domicilio habitual dentro do municipio: 1 día. Se o traslado se produce fora do municipio: 2 días.
i- O tempo necesario para asistencia a consulta médica da sanidade pública cando o horario de consulta coincida co horario de traballo.
j-Os traballadores/as disporán de 4 días no transcurso do ano, por asuntos propios, sen necesidade de xustificar. Estes días non se poderán acumular ás vacacións nin disfrutar en pontes entre festivos. A comunicación de disfrute destes días farase por escrito con un mínimo de dous días de antelación.
k- Permiso de paternidade por nacemento de fillos , adopción e acollemento 15 días
l- Por divorcio o separación 2 días
m- Por asuntos propios sin xustificación comunicándolo con unha antelación mínima de 5 días á empresa 3 días

No caso de matrimonio do traballador/a e sempre que este teña 2 anos de antigüidade, terá dereito a percibir como premio de nupcialidade unha gratificación equivalente a 30 días de salario base e complemento “ad personam” (antigüidade consolidada).
Todos estes dereitos son extensibles ás parellas de feito.
Ademáis das licencias legalmente establecidas, os traballadores poderán disfrutar dun permiso, sen dereito a retribución, de hasta 15 días ó ano, dividido, como máximo, en dous períodos non inferiores a 7 días.
En todo o non establecido neste artigo, estarase ó disposto no Estatuto dos Traballadores e demais normativa laboral vixente.
Nos permisos regulados para as situacións de enfermidade ou hospitalización de familiares, o traballador disporá de quince dias desde que se produza o feito causante para comunicar a concreción dos dias correspondentes ao desfrute dese permiso.
Artigo 24º. Maternidade
As baixas por maternidade serán de acordo co establecido na Lei de Conciliación da vida familiar e laboral e demais lexislación vixente. Durante o embarazo o horario de traballo axustarase á petición da traballadora, entre as 08.00 horas e as 22.00 horas.
As traballadoras terán dereito a unha pausa dunha hora no seu traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora cando a destinen á lactancia do seu fillo menor de 9 meses. Poderase substituí-la pausa ou interrupción da xornada por unha reducción da xornada normal de media hora, que, na súa opinión, a poderá aplicar ó principio ou á terminación da mesma.
Dita pausa ou reducción será retribuída e, no caso de lactancia artificial, pode ser solicitada por calquera dos cónxuxes, si ben a opción so pode ser exercida por un deles, en caso de que ambos traballen.
Voluntariamente a traballadora comunicara á empresa cunha antelación mínima de 15 días antes da finalización do permiso de maternidade su intención de desfrutar do permiso de lactancia de forma continuada por 21 días laborais

Artigo 25º.- Extinción do contrato por causas obxectivas
Cando as empresas fagan uso do dereito que lles concede o artigo 52.c do Estatuto dos Traballadores e de acordo co procedemento previsto no artigo 54 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa da extinción, tanto ás persoas afectadas como á representación legal dos traballadores/as.
Sen prexuízo da eficacia e executabilidade da extinción, de acordo co procedemento establecido na lei, a representación dos traballadores/as emitirá informe motivado, nun prazo de catro días hábiles, sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada.
Naquelas empresas que non teñan representación legal dos traballadores/as, as persoas afectadas poderán facilitar copia da memoria explicativa e da comunicación á central sindical que estimen oportuno. A Central Sindical poderá, así mesmo, emitir informe motivado, nun prazo de catro días hábiles, sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada.
Dos informes anteriores darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ó expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen facelo, desístese de tal dereito.
O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá, nin interrumpirá, os prazos previstos no artigo 53.1.c do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 26º. Resolución de contratos
Será causa suficiente para que as empresas afectadas polo presente convenio poidan resolver os contratos de traballo cos seus traballadores/as, o feito da revocación das autorizacións administrativas de que son titulares para o exercicio da actividade, sempre que esta revocación non teña a súa causa en expediente sancionador consonte á lexislación vixente en materia de xogo ou solicitude da propia empresa.
De todas estas resolucións de contratos darase conta á comisión paritaria do convenio.

Artigo 27º Subrogación de servicios
Será de aplicación integramente o disposto na sección segunda do Estatuto dos Traballadores/as con respecto ás garantías por cambio de empresario, derivado este de calquera causa.



Artigo 28º. Condicións económicas (SUPRESION).
As condicións económicas e de toda índole pactadas no presente convenio convéñense expresamente entre as partes, en razón entre outras, ¿da natureza parcialmente nocturna? do traballo, tendo en conta o horario administrativo que é de aplicación á actividade e entendéndose polo tanto englobados nas condicións económicas establecidas todos aqueles emolumentos e demais conceptos salariais e extrasalariais que por razón da mencionada nocturnidade puidesen corresponder legalmente.

Artigo novo.- Complemento de nocturnidade
Os traballadores/as que realicen traballos en horario nocturno (de 22,00 as 6,00) percibirán por este concepto un complemento do 25 % do salario base.


Artigo 29º. Roupa de traballo
As empresas subministrarán, como mínimo, a tódolos traballadores/as dous uniformes completos por temporada, dous para a temporada de verán e dous para a temporada de inverno. No caso de empresas que utilicen a mesma uniformidade durante todo o ano, subministraranse, como mínimo, tres uniformes ó ano. Asemade subministrarán todas aquelas pezas para as que as empresas establezan condicións determinadas respecto do seu modelo ou cor.
Ademais as empresas suministrarán como mínimo a tódolos traballadores dous calzados ó ano
Artigo 30º. Control horario
As empresas disporán dun control rexistro de entradas e saídas do traballo, coa sinatura de cada traballador/a, salvo que dito control sexa efectuado por medios informáticos.

Artigo 31º. Dereitos sindicais do traballador/a
Tódolos representantes legais dos traballadores/as terán dereito a:
- difundir publicacións e avisos de carácter sindical nos locais da empresa entre os traballadores/as, fora das horas de traballo.
- fixar todo tipo de comunicacións e anuncios de carácter sindical no taboleiro de anuncios que a tal efecto deberá facilitar e establecer a súa ubicación a empresa, dentro das súas instalacións.
- recada-las cotas sindicais dos afiliados así como calquera tipo de contribución con fins sindicais, fora das horas de traballo.
Os traballadores/as que sexan elixidos para desempeñar cargos sindicais de ámbito superior á empresa poderán solicitar excedencia sindical por un período máximo igual ó mandato sindical para o que se atope designado, sendo obrigatoria para a empresa a súa concesión e a correspondente reserva do posto de traballo, debendo acredita-lo sindicato ó que represente de maneira fehaciente a circunstancia da elección do traballador/a e o tempo previsto inicialmente para o desempeño do mandato.
En todo caso, dita excedencia non poderá supera-lo prazo de 4 anos, debendo en todo caso o traballador/a solicitar a súa reincorporación cun aviso previo mínimo dun mes.

Artigo 32º. Dereitos dos representantes legais dos traballadores/as
Os representantes legais dos traballadores/as, ademais das competencias establecidas no Estatuto dos Traballadores/as, terán dereito a:
- convocar asembleas de traballadores/as previa notificación á empresa, nos centros de traballo e fora da xornada laboral.
- disporán dun saldo de 30 horas mensuais de permiso retribuído para atender asuntos de carácter laboral dos seus representados, logo de notificación á empresa e posterior xustificación. As horas sindicais poderán acumularse por empresa, e en cómputo anual entre os delegados dun mesmo sindicato.
- disporán dun permiso non retribuído de ata 8 días o ano para o exercicio de actividades sindicais ó marxe da empresa, previa notificación á empresa con 72 horas e posterior xustificación.
que se lles comunique ó resto de persoal o seu despido, en caso de producirse.
- ser informados, con carácter previo á súa execución pola empresa da reestructuración do cadro de persoal, peches temporais ou definitivos, reducción da xornada, así como sobre os plans de formación profesional da empresa, sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo, valoración de postos de traballo e sistemas de incentivos.
- ser informados sobre as sancións impostas por faltas moi graves, en especial nos supostos de despido, así como coñece-lo índice de absentismo laboral e as súas causas.
- ser informados pola empresa sobre a evolución xeral do sector ó que pertence esta, así como sobre o seu programa de evolución probable de emprego nesta.
Ademais, os delegados de persoal poderán exercer unha labor de seguimento sobre incumprimento de normas vixentes en materia laboral e de seguridade social.

Novo .- Taboleiro de anuncios
Deberá estar en sitio visible para os traballadores. Nel figurará o TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social, calendario laboral anual, vacacións dos traballadores, calendario oficial de festas, plantilla-escalafón de persoal ademáis de tódala información que estimen de interese as Seccións Sindicais, Comites de Empresa ou Delegados de Persoal
.

Artigo 33º. Garantías
Ningún membro do Comité de Empresa ou delegado de persoal, poderá ser sancionado ou despedido sen causa xustificada durante o exercicio das súas funcións, nin dentro dos catro anos seguintes ó seu cese.
Si o despido ou a sanción obedecera a outras causas, deberase tramita-lo correspondente expediente disciplinario contradictorio conforme prevé a lexislación vixente.
Terán prioridade na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores/as nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.
Non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeñar a súa representación.

Artigo 34º. Seccións sindicais
Os sindicatos que conten cun mínimo do 50% de afiliados/as na empresa (supresión), e sempre que esta conte con máis de 20 traballadores/as, poderán constituír seccións sindicais dos seus afiliados/as ante a dirección da empresa. As seccións sindicais terán un delegado/a sindical que gozará dos dereitos e garantías fixados para os delegados/as de persoal, con excepción do referente á reserva de horas sindicais.(supresión).
Tódolos traballadores/as afectados por este convenio que ostentan cargos sindicais de carácter provincial terán recoñecidos tódolos dereitos que lles recoñece a Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

Artigo 35º. Cotas sindicais
Co fin de facilita-la labor de cobro de cotas sindicais, as empresas comprométense a descontalas directamente en nómina ós traballadores/as que o soliciten por escrito.



Artigo 36º. Comisión paritaria do convenio
Constitúese unha comisión paritaria que cumprirá as seguintes funcións:
- interpretación da totalidade das cláusulas do presente convenio
- aplicación do pactado e vixilancia do seu cumprimento.
- seguimento daqueles acordos que se deban desenvolver en tempo e durante a vixencia destes
- mediación, arbitraxe e conciliación, en caso de conflictos entre empresas e traballadores/as no suposto de conflicto colectivo por instancia dun dos seus órganos se poderá solicita-la inmediata reunión desta comisión a efectos de interpoñe-la súa mediación, interpreta-lo acordado e ofrece-lo seu arbitraxe.
- elaborar e propoñer á Administración Pública modificacións ou actualizacións que sexan convenientes ás normas administrativas do xogo para a súa mellor aplicación.
- adoptar novos acordos que desenrole o pactado neste convenio si así o requiren as circunstancias.
Establecer os domicilios sociais das partes que compoñen a Comisión Paritaria.

Artigo 37º. Composición da comisión paritaria
A comisión paritaria estará integrada por cinco representantes da asociación empresarial ABIGA e cinco representantes das centrais sindicais asinantes deste convenio.
As partes poderán estar asistidas por asesores, os que terán voz pero non voto.
Os acordos da comisión paritaria requirirán, en calquera caso, ser adoptados por maioría simple de votos de cada unha das partes, quedando validamente constituída dita comisión, cando sexa convocada por calquera das partes, previa notificación fehaciente, con alomenos 72 horas de antelación.
As partes asinantes deste convenio elaborarán un regulamento de funcionamento da mencionada comisión, coas características que as partes determinen.

Artigo 38º. Réxime sancionador
Estarase ó disposto no capítulo XI do Convenio Estatal das Empresas Organizadoras do Xogo do Bingo.

Artigo 39º. Abuso de autoridade - procedemento
Todo traballador/a poderá dar conta por escrito directamente ó través dos seus representantes á dirección da empresa, de cantos actos supoñan abuso de autoridade dos seus compañeiros de traballo. Recibido o escrito a dirección abrirá o oportuno expediente no prazo máximo de 10 días.
No caso contrario, os representantes legais dos traballadores/as ou o propio interesado poderán formula-las oportunas denuncias ante a Delegación de Traballo ou organismo competente.

Artigo 40º. Estructura salarial
Durante a vixencia do presente convenio, a retribución do persoal por xornada laboral de traballo, estará constituída polos seguintes conceptos:
Salario Base
Complemento “Ad Personam” (Antigüidade Consolidada)
Complemento de Nocturnidade
Plus de Actividade por dereitos adquiridos
Plus de Prolongación de Xornada
Gratificacións Extraordinarias
Gratificación Extraordinaria especial
Plus de transporte (absorbido polo salario base)
Complementos Extrasalariais
Quebranto de moeda
Horas Extraordinarias
Tódolos conceptos salariais e extrasalariais, en caso de traballadores/as a tempo parcial, fixo descontinuo ou en caso de desempeño transitorio de funcións, serán abonados na parte proporcional que corresponda a cada caso, entendéndose que as contías previstas correspóndense coa xornada normal de traballo pactada neste convenio.

Artigo 41º.- Salario Base
O salario base queda fixado, en función da categoría administrativa da sala e por categorías profesionais nas seguintes cantidades:
Ano 2007 Ano 2008
Categ. A Categ. B Categ. C Categ. A Categ. B Categ. C
Sala Especial
Sala 1
Sala 2
Sala 3

Artigo 42º.- Complemento “Ad personam”
Os traballadores/as que a 31 de decembro de 2001 viñeran percibindo o complemento "ad personam", seguirano percibindo. Este complemento é de natureza salarial e de carácter non absorbible, nin compensable. Para os anos 2007e 2008 aplicarase o establecido no artigo 50º.

Artigo 43º.- Plus de Actividade por dereitos adquiridos
Este Plus percibirano aqueles traballadores/as que a 31 de decembro de 2001 o viñeran percibindo, non sendo compensable nin absorbible. Para os anos 2007 e 2008 aplicarase o establecido no artigo 50º.

Artigo 44º.- Plus de Prolongación de Xornada.
Co fin de compensar economicamente a aqueles traballadores/as que por necesidades reais das salas teñan que realizar traballo fora de horas normais, tales como peche de caixa, recollida da sala, revisión de cartóns, etc. as empresas abonarán un plus de prolongación de xornada mensual, durante 11 meses o ano, dos seguintes importes:
Ano 2007 Ano 2008
Categoría A
Categoría B
Categoría C
Sempre que se perciba este plus, o tempo dedicado á realización de ditos traballos, non terá a consideración de horas extraordinarias. O tempo máximo por este concepto non poderá superar os 15 minutos por xornada laboral, non podendo dedicarse este tempo, en ningún momento, á atención de clientes.

Artigo 45º.- Gratificacións Extraordinarias
Tódolos traballadores/as percibirán tres gratificacións extraordinarias: a de xuño, a de decembro e a de vacacións.
Período de devengo:
A de xuño: de 1 de xullo a 30 de xuño.
A de decembro: de 1 de xaneiro a 31 de decembro.
A de vacacións: de 1 de xaneiro a 31 de decembro.
Data de pago:
A de xuño: o 30 de xuño.
A de decembro: o 20 de decembro.
A de vacacións: ó inicio do período de disfrute das vacacións.
As gratificacións extraordinarias aboaranse a razón de salario base, plus de actividade por dereitos adquiridos e complemento “ad personam”.

Artigo 46º.- Gratificación Extraordinaria Especial
Cada traballador/a con unha antigüidade de alomenos 10 anos na empresa, percibirá, en concepto de Gratificación Extraordinaria Especial as seguintes cuantías:
- Ó cumprir 60 anos de idade: o importe equivalente a 3 meses de salario real.
- Ó cumprir 61 anos de idade: o importe equivalente a 2 mes de salario real.
- Ó cumprir 62 anos de idade: o importe equivalente a 2 mes de salario real.
- Ó cumprir 63 anos de idade: o importe equivalente a 2 mes de salario real.
- Ó cumprir 64 anos de idade: o importe equivalente a 2 mes de salario real.
- Ó cumprir 65 anos de idade: o importe equivalente a 2 mes de salario real.
Ditas gratificacións faranse efectivas dentro dos 30 días seguintes a cumprirse as idades naturais a que fai referencia este artigo.

Artigo 47º.- Quebranto de Moeda
As empresas abonarán a xefes/as de mesa, caixeiros/as e locutores/as – vendedores/as, e a aqueles outros traballadores/as que realicen operacións con cartos (cobros, pagos, cambios, etc.), un plus de quebranto de moeda mensual durante 11 meses ó ano, co importe seguinte
Ano 2007 Ano 2008
Quebranto de moeda
Este plus cobrarano proporcionalmente ós días traballados, aqueles traballadores/as que realicen funcións de cambio de moeda nas máquinas recreativas e de azar instaladas nas salas de bingo.

Artigo 48º.- Plus de Transporte (cotizable e absorbido polo salario base)
Como compensación de gastos de desprazamento e medios de transporte dentro da localidade, así como dende o domicilio ó centro de traballo e regreso, establecese un plus de distancia e transporte nas seguintes contías; durante 12 meses ó ano e para tódalas categorías:
Ano 2007 Ano 2008
Plus de transporte

Artigo 49º.- Horas Extraordinarias
Ante a situación de desemprego existente e co obxecto de favorece-la creación de novos postos de traballo as partes acordan regula-las horas extraordinarias con carácter restrictivo, conforme os seguintes criterios:
1. Suprímense as horas extraordinarias con carácter habitual.
2. Unicamente se poderán realizar horas extraordinarias por necesidades de carácter estructural.
3. Cada hora extraordinaria que se realice sobre a duración máxima da xornada laboral abonarase conforme a seguinte escala:
Ano 2007 Ano 2008
Categ. A Categ. B Categ. C Categ. A Categ. B Categ. C
Horas Extras
4. O número de horas extraordinarias non poderá ser superior ó establecido na lexislación vixente.
5. A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria.
6. A realización das horas extraordinarias rexistraranse día a día e totalizarase semanalmente entregándolle copia do resumo semanal o comité de empresa ou delegado de persoal, e ó traballador/a afectado.

Artigo 50.- Subida salarial
Para a vixencia dos dous anos, aplicarase unha subida salarial. Ano 2007 do 7%, en tódolos conceptos , salariais e extrasalariais , nos anos sucesivos o I.P.C. previsto mais 4 puntos. E con revisión si o I.P.C. real supera o previsto

Artigo 51º. Novas aperturas e cambios de categorías de salas
As salas de nova apertura, fixarán a estructura salarial que afecta ós seus traballadores/as, en función da categoría administrativa outorgada á mesma, dende o primeiro día do seu funcionamento.
Os cambios de categoría que se produzan e que sexan autorizados pola Administración competente, suporán a partires do mes seguinte á data da súa autorización, a adaptación dos importes dos conceptos salariais e extrasalariais á nova situación xurídica.

Artigo 52º. Horarios máximos de apertura e peche
. O horario máximo de peche será o reflexado a continuación; non obstante e con autorización expresa da autoridade competente e previo acordo de tódalas do mesmo municipio, estes horarios poderán ser ampliados, pero nunca por período superior a un mes. Supresión

Inverno
Do 1/10 ó 30/06 Verán
Do 1/07 ó 30/09
Sábados e vésperas de festivos 03.30 horas 04.00 horas
Resto días 03.00 horas 03.30 horas

A hora de inicio das partidas será as 16:00 horas

Artigo 53º. Saúde laboral
Tódalas empresas afectadas polo presente Convenio, de conformidade co artigo 2.2 da Lei 31/1995 de 8 de novembro, comprométense ó desenrolo e cumprimento da normativa vixente no relativo a Seguridade e Saúde Laboral.

Novo .- Traballo en espazos con sustancias nocivas para a saude.

Novo,- Opción dos traballadores de escoller a Mutua.



Artigo 54º. Xubilación parcial
Ó amparo do artigo 166.2 da Lei da Seguridade Social e do artigo 12.6 do Estatuto dos Traballadores, recoñécese ós traballadores/as o dereito a acollerse á xubilación parcial e á reducción da xornada no limite máximo legalmente permitido do 85 %, cando se acaden os requisitos legalmente establecidos e en especial, o da idade mínima dos 60 anos.
A comunicación deberase remitir á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data prevista para a xubilación parcial.
O 15 % da xornada que corresponde de traballo efectivo acumularase anualmente e a xornada completa, aínda cando a empresa poida optar por retribuír sen esixir a prestación efectiva de servicios e sen prexuízo da aplicación da seguinte escala de bonificacións:
- con trinta anos ou máis de antigüidade na empresa, recoñécese unha dispensa total do traballo.
- con vinte anos de antigüidade e ata trinta, recoñécese unha dispensa do 50 % do traballo.
Todo esto sen prexuízo do acordo máis favorable ó que poidan chegar o traballador/a e a empresa.
Ata que o traballador/a xubilado parcialmente chegue á idade ordinaria de xubilación, a empresa deberá manter un contrato de relevo nos termos previstos no artigo 12.6 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 55 . Xubilación anticipada
Os traballadores/as poderán acollerse á xubilación anticipada ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real Decreto 1194/85, de 17 de xullo, debendo as empresas cubrir estas vacantes con traballadores/as desempregados ou inscritos na oficina de emprego como tales.

Artigo 56º. Xubilación forzosa
Como política de fomento do emprego e independentemente do previsto no artigo anterior, establecese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, sempre que o traballador/a teña cuberto o período mínimo legal de cotización para ter dereito a unha pensión pública.

Artigo 57º. Capacidade diminuída
Todos aqueles traballadores/as que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, vexan reducidas as súas facultades físicas e/ou intelectuais, terán preferencia para ocupar un posto de traballo vacante, sempre que teñan aptitude ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 58º. Cláusula de descolgue
Estarase ó disposto no artigo 76 do Convenio Colectivo Estatal para as Empresas Organizadoras do Xogo do Bingo. Aquelas empresas que cumpran os requisitos para acollerse a cláusula de descolgue, aplicarán o convenio vixente do ano anterior nos temas económicos, nos restantes aspectos estarase ó vixente neste convenio.

Artigo 59º.-Solución de conflictos.
As partes asinantes deste Convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as Organizacións Sindicais CC.OO., UGT e CIG, nos propios termos en que están formuladas.

Artigo Novo .- Plan de Pensións.

Lei de regulación dos plans e fondos de pensións . Real Decreto Lexislativo 1/2002 , de 29 de novembro .
As empresas afectadas polo presente convenio, deberán facer unha aportación mínima e obrigatoria mensual , en contía de 0,50% do salario pensionable de cada traballador o traballadora y mes , así como no seu caso , as cuantías individualizadas necesarias para acadar a prestación obxetivo .
Facultarase á comisión paritaria do convenio para que estableza as aportacións extraordinarias necesarias que aseguren os dereitos en curso de consolidación dos traballadores con idades próximas á xubilación.

Disposición Transitoria.
Os atrasos orixinados pola sinatura do presente convenio, e correspondentes ó ano 2007, serán abonados non máis tarde do 15 de novembro de 2007.

20/9/07

- Comezamos

Nace este blog coa intención de manter un sitio de contacto para todas aquelas persoas traballadoras en salas de bingo.
Aquí poderanse deixar comentarios, atopar información e suscitar dúbidas.
Teremos asesoramento de xente experta en temas laborais e sindicais.
Tamén trataremos de ir aportando documentación, o Regulamento, o Convenio, o Estatuto dos Traballadores . . . todo aquilo que creamos que nos poida resultar de utilidade. E se non hai o que buscas ... se o pides ... igual cho podemos facilitar.
Trátase en fin de ter "a nosa sala", onde, entre todos, nos sexa máis fácil resolver os nosos problemas, quizais a nosa unión fáganos fortes.
Esperamos as túas suxestións e comentarios no correo : paginabingo@yahoo.es
Aseguramos total confidencialidade.